Entroido en Galicia
Nun mes mais ou menos, xa temos eiquí o Entroido e os Androides andamos fedellando sobre novas posibilidades de creación e publicación de actividades, polo que desta volta traemos un xogo de preguntas para Tablets sobre o entroido en Galicia (costumes, personaxes, máscaras, tradición, gastronomía,…). Canto sabes sobre o entroido en Galicia?
Trátase dunha actividade de exemplo feita en Brincaletras, unha aplicación en desenvolvemento do mestre Fran Macías http://www.educalim.com e http://www.engalego.es/brincaletras
Nesta actividade, deseñada polo mestre Xosé Antón http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm , teredes que poñer ao dia os vosos coñecementos do Entroido e sobre todo poderedes acceder desde as tablets para traballar sen conexion.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.androides1.www