Androides en el Aula

Apps, soluciones, actividades y creaciones.

A Casa da Conexa (Gallego)

O programa da TVG A Casa da Conexa parece ter unha clara vocación transmedia, e ao igual que tamén consegue ter certa proxección na Rede cos algúns fragmentos do espazo televisivo na procura da viralidade, e de contar con numerosa mercadotecnia, agora atrévense a dar o salto aos videoxogos, estreando A Casa da Conexa: A Invasión de Ardebullo para dispositivos móbiles con Android.

Este xogo desenvolvido por Ficción Producciones, que podemos descargar de balde de Google Play(agardándose que chegue en breve á App Store) está claramente inspirado no célebre Plantas vs. Zombies, xa que nos presenta a Mucha e Nucha tendo que protexer a Ardebullo e ao mundo dunha vaga de animais zombi provocada polo malvado Pepe de Rumbo, que infectou con radioactividade a animais que converteu nun auténtico perigo aos que as cantareiras deberán enfrontarse cun orixinal armamento que vai dende escopetas de rollas até pementos de Padrón e botellas de licor-café.
A mecánica do xogo é moi sinxela, consistindo en elixir a arma da cantareira que queremos disparar e premendo sobre a pantalla para disparar ás vagas de inimigos que se desprazan pola pantalla. Un xogo moi arcade, no que podemos progresar fase a fase, contando entre as mesmas cunha divertida viñeta de Mucha e Nucha na que incluso podemos escoitar as súas voces orixinais para converter a experiencia de xogo nunha diversión imprescindible para os seus seareiros.

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.ficcion.acasadaconexa

 

Fonte:  Código Cero

Anuncio publicitario

Navegación en la entrada única

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: